sábado, 2 de abril de 2011

Hoxe Labores de Hogar

Despois de facer máis de 100Kms en bici o que che apetece e deitarte no sofá toda a tarde e vivir a vida, "que son dos días". Pero por arte de maxía sempre ocurre que canto máis "cascado" estás máis cousas hai que facer na casa.

A comandante dí: "A roupa non se plancha soa". Eu contesto: "Non , ahi le has dado". Entón é cando cambia a cara e dime "Pasa ahora mismo!!!!". Vas refunfuñando pero non queda outra, o que as fai as paga.
Preparas a plancha e a mesa, para aqueles que non coñecen estas máquinas son unhas cousas que están na casa, a mesa é como unha tabla de surf e a plancha é un obxeto con unha placa de ferro por abaixo. Xa sei que moitos pensades que é un adorno ou un elemento decorativo pero realmente usase para deixar a roupa sen arrugas.

Vas buscar a roupa ca esperanza que non haxa moito para planchar. Cando a ves soltas un "mi má, pero cantos vivimos nesta casa".

Empezas a darlle a plancha, pim pam, pim pam... e cando xa levas 3 horas e acabas vaste sentar e oes "ponde vas!!!, que hai máis roupa na habitación". Soltas un cajoendiosnavirgenmaisnopapa, esto é un sin vivir...

O acabar, despois de case 4 horas de plancha e che din "Agora se queres, maña podes ir en bicicleta", pensas para ti (calquera dice nada), "Non, vou ir na plancha que a teño máis entrenada"

1 comentario:

BiLaH dijo...

Que paciencia ten esa rapaza contigo!