martes, 21 de agosto de 2012

Triatlón Allariz

XA!!!!! Dios de quen é este brazo, e este pé... pero que se me meteu na boca..... Así e a salida do triatlón, CRIMINAL.

Cando parece que empezas a respirar despois de 30 segundos de batalla, "pimba" ostión co que vai diante... pero pa que frenas ANIMAL. A batalla continua durante uns minutos, demasiados minutos. Sales da auga, cun mareo de coj...., e seica tes que coller a bicicleta, xa vas pensando, "donde carallo estará", si a roubaran ainda me facían un favor. Colles a bicicleta e dis"esto é o meu xa veredes agora". Pois non, vas mareado, ves dobre, triple e de repente non ves... bufff que sufrimento. Así durante 24 kms "a lo loco" e sen control.

O chegar de novo a "boxes", se me fixeran un mantenimiento integral viñame de maravilla, parece ser que tes que deixar a bicicleta e porte a correr desesperadamente.... pois ná, ala vamos, al Señor. Os primeiros 100 metros pensas mecagoendiola ahora si que vou ben, o pasar os 100 metros non te tiras nunha cuneta porque hai xente mirando. Empezas a marcar un ritmo, malo porque me pasan todos os que adiantei na bicicleta, pero eso si con elegancia e lucindo moreno. Cando parece que todo vai ben, aparece o cementerio... MALO... non sei se quedar aquí, unha subida das de dolor, hasta para morrer hai que estar en forma... sigues correndo e de repente "ESCALÓNS".. pero estos ZIRALLOS non coñecen os ascensores.
O final acabas, non sabes como pero acabas, bebes 200 litros de auga, e xa estás pensando "DONDE SERÁ O SEGUINTE".