lunes, 18 de abril de 2011

Semana Santa

Pois ben, agora seica estamos en Semana Santa e toca ir de procesión Xoves, Venres, Sabado e Domingo. Xa veremos como explicarlle a Rocío que quero ir tanto a misa, pensará que igual me quero meter cura ou que ando detrás dalgunha monxa.

Dice o home do tempo, desde que desapareceu Pemán non acertan unha, que se non chove nin quenta o sol igual esta nublado. Da igual o tempo, queda menos dun mes para a primeira cita seria e menos de dous para a "Gran Burrada" e temos que pornos as pilas. Nos Lagos de Covadonga non vamos ter moito problema, uns poucos kms de llano, un par de subidiñas, baixas e subes a Lagos e xa están feitos os 110kms pero a Quebrantahuesos (RompeOsos para os galelos) vai ser outra historia e xa me está metendo o medo no corpo (mellor que se me meta o medo que un catarro pero bueno). Sempre queda a opción de doparse pero a miña relixión soamente me permite probar "drojas de toda clase" para sair de festa non para andar na bicicleta.

Este fin de semana fixemos o primer test serio 91km en 3 horas baixando o tempo do ano pasado na mesma ruta en máis de 20 minutos, agora toca quitar os limitadores das bicicletas e "temos que darlle caña (eu son máis de chupitos de ajuardiente), para sacar esto de encima e poder virnos de ali" jodidos pero contentos.




jueves, 7 de abril de 2011

En Primavera non salgas a carretera

Estamos en Abril, aguas mil, pero no "chueve" solo "calienta el sol aqui en la playa", nestas fechas tan señaladas, como díria su majestad, é un perigo circular en coche.
Dase un fenómeno natural conocido como "quita o que sobra" que provoca a distracción ocular dos conductores e os conseguintes frenazos que asustan "a los muertos".
Vin como se provoca este efecto tan extraño hoxe chegando a Xinzo. O coche da "Jarda Civil", máis ben o piloto de ese coche, (por piloto quero decir o señor que vai dentro normalmente con bigote e cara de mala ostia), tivo unha pequena distracción e reventou a defensa dun pobre home que circulaba nun cortacesped con luces, tamén coñecido como coche sin carnet (eu nunca vin un coche que tivera carnet pero bueno).
Cando baixou o "Jarda Civil" ainda lle mandou outro repaso o obxeto que pasaba por a acera e debeu pensar "quen provocou este golpe, ¡¡¡¡que me la papo!!!!".

Este fenómeno por sorte non se pode evitar, o mellor é a precaución e que "Dios nos coja confesados" porque cos "modelitos" que se ven non temos nada que facer.

Con respecto o tema de "los trapos que nos ponemos" o refrán que "o habito no fai o monxe" vai se que non é certo, hoxe vin a Don Jose, un home todo traxeado cun pelo "reluciente y muy buenas formas", era o señor Vazquez que impuño un respecto terrible, menos mal que seguramente debaixo do traxe traia o disfraz de SuperZirallo, ese dos fins de semana que pica o persoal e que se farta de decir burradas. Eso si, non me imaxino a este señor co "modelito" que provocou o encontronazo do noso amigo "de la benemérita".


sábado, 2 de abril de 2011

Hoxe Labores de Hogar

Despois de facer máis de 100Kms en bici o que che apetece e deitarte no sofá toda a tarde e vivir a vida, "que son dos días". Pero por arte de maxía sempre ocurre que canto máis "cascado" estás máis cousas hai que facer na casa.

A comandante dí: "A roupa non se plancha soa". Eu contesto: "Non , ahi le has dado". Entón é cando cambia a cara e dime "Pasa ahora mismo!!!!". Vas refunfuñando pero non queda outra, o que as fai as paga.
Preparas a plancha e a mesa, para aqueles que non coñecen estas máquinas son unhas cousas que están na casa, a mesa é como unha tabla de surf e a plancha é un obxeto con unha placa de ferro por abaixo. Xa sei que moitos pensades que é un adorno ou un elemento decorativo pero realmente usase para deixar a roupa sen arrugas.

Vas buscar a roupa ca esperanza que non haxa moito para planchar. Cando a ves soltas un "mi má, pero cantos vivimos nesta casa".

Empezas a darlle a plancha, pim pam, pim pam... e cando xa levas 3 horas e acabas vaste sentar e oes "ponde vas!!!, que hai máis roupa na habitación". Soltas un cajoendiosnavirgenmaisnopapa, esto é un sin vivir...

O acabar, despois de case 4 horas de plancha e che din "Agora se queres, maña podes ir en bicicleta", pensas para ti (calquera dice nada), "Non, vou ir na plancha que a teño máis entrenada"