miércoles, 30 de marzo de 2011

Entrenamento Invernal

Estamos en primavera, la sangre altera, e toca a parte máis dura do entrenamento invernal. Este Venres vou sufrir, non por culpa de moita cadencia, no por culpa das series, no por culpa das subidas, o máis jodido é "A DEPILACION CON CERA".

Cando te acercas o centro de estética, que bonito nome, vas pensando seguro que está cheo de raparigas máis potentes cun tractor con turbo, pero cando entras por a porta o único que ves son a unhas señoras con pinturas de guerra e falando un castellano fino pero que fino fino."Yo este fin de semana me voy a Sanjenjo, al lado de Puertonovo, a pasear
el can de mi marido". (O marido ten que ser moi can para ter que sacalo a pasear).

Subes a cabina de depilación, parece unha sala dun quirófano pero sen anestesia, preparaste e tumbaste na camilla. Cando chega a DepilWoman xa empezas a sudar frio.

Empeza a dar cera e de repente Zas!!!, non mandas un berro porque eres un home, de novo volve dar cera e outra vez Zas!!!, Dios!!! non lle metes unha patada nos dentes de milagro. A partir de este momento xa non sintes a perna.

Despois dus minutos tocalle a outra perna, buff soamente queda o 50%, animaste a ti mesmo mirando para a perna que xa tes preparada. Os primeiros tirons son "criminales" parece que chove porque xa estas empapado en sudor e sigues intentando manter unha conversación ca DepilWoman, "¿Ti sabes a canto está o repolo na feira?¿e ti de quen ves sendo?"

Cando todo termina mira para as tuas "perniñas" e dis "Que bonitas quedaron" eso sí coloradas, coloradas!!!