viernes, 30 de enero de 2015

Regresou RubenMan

Despois de pasar 30 minutos analizando como unha mosca rasca as patas, decidin volver escribir para que a mosca non se quedara conmigo, porque creo que me estaba puteando.

Empezarei nun resumo das miñas relacións cas drojas pasadas.

  • Depilwoman: Rompemos a relación, ahora estou facendo depilación láser, que ven sendo un lector de código de barras do supermercado que che poñen nas pernas. Para aforrar sesións, no Eroski o pasar por a caixa estaba baixadon os pantalóns e dandome uns toques con lector pero a xente mirabame raro, sobretodo, cando levaba os plátanos nunha man e a nata na outra. Ainda non entendin o porque.
  • A plancha: Tamen rompemos a relación ahora temos "chica" pero sempre que paso cerca da plancha ou da mesa, arrepiaseme o corpo polo medo que lle teño.
  • A bicicleta: Segue sendo una relación moi estable pero basada no sexo, sempre está a joderme pero a min vaime a caña. A idea non é sair a competir pero como presta humillar o rival e restregarllo na sua miserable cara de pena.
  • O Triatlon: Relación rota, non é sano, ainda hoxe o río da Allariz vai baixo de caudal polos tragos que mandei fai uns anos

Tamen houbo novedades, ahora somos un membro mais na familia, Carlota un terremoto, o demo en persoa, un fichaxe de campeonato con 2 anos. Para cando teña 14 anos xa comprei, a escopeta, a pala e teño unha escusa por si se acerca algún "espabilado"

Polo demáis todo igual, sen cambios, eso si ahora noto que xa son un home, non me chove como antes, soamente algunha ciclogénesis explosiva que me afecta a cabeza, pero o que este libre de pescado que tire a primeira caña.

martes, 21 de agosto de 2012

Triatlón Allariz

XA!!!!! Dios de quen é este brazo, e este pé... pero que se me meteu na boca..... Así e a salida do triatlón, CRIMINAL.

Cando parece que empezas a respirar despois de 30 segundos de batalla, "pimba" ostión co que vai diante... pero pa que frenas ANIMAL. A batalla continua durante uns minutos, demasiados minutos. Sales da auga, cun mareo de coj...., e seica tes que coller a bicicleta, xa vas pensando, "donde carallo estará", si a roubaran ainda me facían un favor. Colles a bicicleta e dis"esto é o meu xa veredes agora". Pois non, vas mareado, ves dobre, triple e de repente non ves... bufff que sufrimento. Así durante 24 kms "a lo loco" e sen control.

O chegar de novo a "boxes", se me fixeran un mantenimiento integral viñame de maravilla, parece ser que tes que deixar a bicicleta e porte a correr desesperadamente.... pois ná, ala vamos, al Señor. Os primeiros 100 metros pensas mecagoendiola ahora si que vou ben, o pasar os 100 metros non te tiras nunha cuneta porque hai xente mirando. Empezas a marcar un ritmo, malo porque me pasan todos os que adiantei na bicicleta, pero eso si con elegancia e lucindo moreno. Cando parece que todo vai ben, aparece o cementerio... MALO... non sei se quedar aquí, unha subida das de dolor, hasta para morrer hai que estar en forma... sigues correndo e de repente "ESCALÓNS".. pero estos ZIRALLOS non coñecen os ascensores.
O final acabas, non sabes como pero acabas, bebes 200 litros de auga, e xa estás pensando "DONDE SERÁ O SEGUINTE".




viernes, 9 de septiembre de 2011

Aqui Andamos!!!!

Que duro é traballar no verán, menos mal que xa se acaba aqui e en Portugal!!!

Levantarse por a maña con un sol do carrallo e pensar: "agora irse a meter no burato" (non so minero pero si picador), e ala pica que te pica con un sol por a ventá e os "indignados" berrando na piscina.

No verán anda máis xente o sol, ves algún que se nota claramente que lle falta unha pataca para o kilo, con unhas pintas que parece que vive noutro planeta. A xente miraos raro, pero ninguen dice nada non vaia ser que sexa un ser supremo e se "engorile".(dicese do que pasa de Gorila a Home e de Home a Gorila, depende do seu paso por a Depilation Woman)

Tamén no verán hai festas por todos os sitios, a festa da empanada ou empanado (depende da hora), a festa do esquecemento (todos os Domingos e Sábados por a mañá), a festa da ostra ou "ostia" (tamén depende da hora)... en fin un montón de actos sociais donde aparece o mellor de cada casa, donde xente que non sabías que existía dase a coñecer e presentase en sociedad con actos de todo tipo.

No verán tes máis horas para andar en bici e coller un moreno de esos que marcan tendencias, pernas e brazos negros, tobillos e resto do corpo blanco; vas a praia e todo o mundo te mira, porque saben que a ti tamén che falta algunha páxina para completar o libro. Co calor do verán aproveitas para coller unhas páxaras de escándalo, ves paxariños, chegas a casa e soamente notas un mono que toca os platillos na tua cabeza con un ritmo como o do acordeón de esta tipa. ¡¡¡¡Ala a Rumbear!!!!






lunes, 18 de abril de 2011

Semana Santa

Pois ben, agora seica estamos en Semana Santa e toca ir de procesión Xoves, Venres, Sabado e Domingo. Xa veremos como explicarlle a Rocío que quero ir tanto a misa, pensará que igual me quero meter cura ou que ando detrás dalgunha monxa.

Dice o home do tempo, desde que desapareceu Pemán non acertan unha, que se non chove nin quenta o sol igual esta nublado. Da igual o tempo, queda menos dun mes para a primeira cita seria e menos de dous para a "Gran Burrada" e temos que pornos as pilas. Nos Lagos de Covadonga non vamos ter moito problema, uns poucos kms de llano, un par de subidiñas, baixas e subes a Lagos e xa están feitos os 110kms pero a Quebrantahuesos (RompeOsos para os galelos) vai ser outra historia e xa me está metendo o medo no corpo (mellor que se me meta o medo que un catarro pero bueno). Sempre queda a opción de doparse pero a miña relixión soamente me permite probar "drojas de toda clase" para sair de festa non para andar na bicicleta.

Este fin de semana fixemos o primer test serio 91km en 3 horas baixando o tempo do ano pasado na mesma ruta en máis de 20 minutos, agora toca quitar os limitadores das bicicletas e "temos que darlle caña (eu son máis de chupitos de ajuardiente), para sacar esto de encima e poder virnos de ali" jodidos pero contentos.




jueves, 7 de abril de 2011

En Primavera non salgas a carretera

Estamos en Abril, aguas mil, pero no "chueve" solo "calienta el sol aqui en la playa", nestas fechas tan señaladas, como díria su majestad, é un perigo circular en coche.
Dase un fenómeno natural conocido como "quita o que sobra" que provoca a distracción ocular dos conductores e os conseguintes frenazos que asustan "a los muertos".
Vin como se provoca este efecto tan extraño hoxe chegando a Xinzo. O coche da "Jarda Civil", máis ben o piloto de ese coche, (por piloto quero decir o señor que vai dentro normalmente con bigote e cara de mala ostia), tivo unha pequena distracción e reventou a defensa dun pobre home que circulaba nun cortacesped con luces, tamén coñecido como coche sin carnet (eu nunca vin un coche que tivera carnet pero bueno).
Cando baixou o "Jarda Civil" ainda lle mandou outro repaso o obxeto que pasaba por a acera e debeu pensar "quen provocou este golpe, ¡¡¡¡que me la papo!!!!".

Este fenómeno por sorte non se pode evitar, o mellor é a precaución e que "Dios nos coja confesados" porque cos "modelitos" que se ven non temos nada que facer.

Con respecto o tema de "los trapos que nos ponemos" o refrán que "o habito no fai o monxe" vai se que non é certo, hoxe vin a Don Jose, un home todo traxeado cun pelo "reluciente y muy buenas formas", era o señor Vazquez que impuño un respecto terrible, menos mal que seguramente debaixo do traxe traia o disfraz de SuperZirallo, ese dos fins de semana que pica o persoal e que se farta de decir burradas. Eso si, non me imaxino a este señor co "modelito" que provocou o encontronazo do noso amigo "de la benemérita".


sábado, 2 de abril de 2011

Hoxe Labores de Hogar

Despois de facer máis de 100Kms en bici o que che apetece e deitarte no sofá toda a tarde e vivir a vida, "que son dos días". Pero por arte de maxía sempre ocurre que canto máis "cascado" estás máis cousas hai que facer na casa.

A comandante dí: "A roupa non se plancha soa". Eu contesto: "Non , ahi le has dado". Entón é cando cambia a cara e dime "Pasa ahora mismo!!!!". Vas refunfuñando pero non queda outra, o que as fai as paga.
Preparas a plancha e a mesa, para aqueles que non coñecen estas máquinas son unhas cousas que están na casa, a mesa é como unha tabla de surf e a plancha é un obxeto con unha placa de ferro por abaixo. Xa sei que moitos pensades que é un adorno ou un elemento decorativo pero realmente usase para deixar a roupa sen arrugas.

Vas buscar a roupa ca esperanza que non haxa moito para planchar. Cando a ves soltas un "mi má, pero cantos vivimos nesta casa".

Empezas a darlle a plancha, pim pam, pim pam... e cando xa levas 3 horas e acabas vaste sentar e oes "ponde vas!!!, que hai máis roupa na habitación". Soltas un cajoendiosnavirgenmaisnopapa, esto é un sin vivir...

O acabar, despois de case 4 horas de plancha e che din "Agora se queres, maña podes ir en bicicleta", pensas para ti (calquera dice nada), "Non, vou ir na plancha que a teño máis entrenada"

miércoles, 30 de marzo de 2011

Entrenamento Invernal

Estamos en primavera, la sangre altera, e toca a parte máis dura do entrenamento invernal. Este Venres vou sufrir, non por culpa de moita cadencia, no por culpa das series, no por culpa das subidas, o máis jodido é "A DEPILACION CON CERA".

Cando te acercas o centro de estética, que bonito nome, vas pensando seguro que está cheo de raparigas máis potentes cun tractor con turbo, pero cando entras por a porta o único que ves son a unhas señoras con pinturas de guerra e falando un castellano fino pero que fino fino."Yo este fin de semana me voy a Sanjenjo, al lado de Puertonovo, a pasear
el can de mi marido". (O marido ten que ser moi can para ter que sacalo a pasear).

Subes a cabina de depilación, parece unha sala dun quirófano pero sen anestesia, preparaste e tumbaste na camilla. Cando chega a DepilWoman xa empezas a sudar frio.

Empeza a dar cera e de repente Zas!!!, non mandas un berro porque eres un home, de novo volve dar cera e outra vez Zas!!!, Dios!!! non lle metes unha patada nos dentes de milagro. A partir de este momento xa non sintes a perna.

Despois dus minutos tocalle a outra perna, buff soamente queda o 50%, animaste a ti mesmo mirando para a perna que xa tes preparada. Os primeiros tirons son "criminales" parece que chove porque xa estas empapado en sudor e sigues intentando manter unha conversación ca DepilWoman, "¿Ti sabes a canto está o repolo na feira?¿e ti de quen ves sendo?"

Cando todo termina mira para as tuas "perniñas" e dis "Que bonitas quedaron" eso sí coloradas, coloradas!!!