viernes, 9 de septiembre de 2011

Aqui Andamos!!!!

Que duro é traballar no verán, menos mal que xa se acaba aqui e en Portugal!!!

Levantarse por a maña con un sol do carrallo e pensar: "agora irse a meter no burato" (non so minero pero si picador), e ala pica que te pica con un sol por a ventá e os "indignados" berrando na piscina.

No verán anda máis xente o sol, ves algún que se nota claramente que lle falta unha pataca para o kilo, con unhas pintas que parece que vive noutro planeta. A xente miraos raro, pero ninguen dice nada non vaia ser que sexa un ser supremo e se "engorile".(dicese do que pasa de Gorila a Home e de Home a Gorila, depende do seu paso por a Depilation Woman)

Tamén no verán hai festas por todos os sitios, a festa da empanada ou empanado (depende da hora), a festa do esquecemento (todos os Domingos e Sábados por a mañá), a festa da ostra ou "ostia" (tamén depende da hora)... en fin un montón de actos sociais donde aparece o mellor de cada casa, donde xente que non sabías que existía dase a coñecer e presentase en sociedad con actos de todo tipo.

No verán tes máis horas para andar en bici e coller un moreno de esos que marcan tendencias, pernas e brazos negros, tobillos e resto do corpo blanco; vas a praia e todo o mundo te mira, porque saben que a ti tamén che falta algunha páxina para completar o libro. Co calor do verán aproveitas para coller unhas páxaras de escándalo, ves paxariños, chegas a casa e soamente notas un mono que toca os platillos na tua cabeza con un ritmo como o do acordeón de esta tipa. ¡¡¡¡Ala a Rumbear!!!!