lunes, 18 de abril de 2011

Semana Santa

Pois ben, agora seica estamos en Semana Santa e toca ir de procesión Xoves, Venres, Sabado e Domingo. Xa veremos como explicarlle a Rocío que quero ir tanto a misa, pensará que igual me quero meter cura ou que ando detrás dalgunha monxa.

Dice o home do tempo, desde que desapareceu Pemán non acertan unha, que se non chove nin quenta o sol igual esta nublado. Da igual o tempo, queda menos dun mes para a primeira cita seria e menos de dous para a "Gran Burrada" e temos que pornos as pilas. Nos Lagos de Covadonga non vamos ter moito problema, uns poucos kms de llano, un par de subidiñas, baixas e subes a Lagos e xa están feitos os 110kms pero a Quebrantahuesos (RompeOsos para os galelos) vai ser outra historia e xa me está metendo o medo no corpo (mellor que se me meta o medo que un catarro pero bueno). Sempre queda a opción de doparse pero a miña relixión soamente me permite probar "drojas de toda clase" para sair de festa non para andar na bicicleta.

Este fin de semana fixemos o primer test serio 91km en 3 horas baixando o tempo do ano pasado na mesma ruta en máis de 20 minutos, agora toca quitar os limitadores das bicicletas e "temos que darlle caña (eu son máis de chupitos de ajuardiente), para sacar esto de encima e poder virnos de ali" jodidos pero contentos.




No hay comentarios: