martes, 29 de marzo de 2011

Por moito madrugar....

Vamos analizar a diferencia entre madrugar entre semana para ir traballar e a de madrugar o fin de semana para sair en bicicleta.

MADRUGAR ENTRE SEMANA
  • Soa o despertador, o primeiro que pensas: "Me muero","Madre que lo parió, XA!".
  • Xiras media volta e xa te volves quedar dormido, os 2 minutos volve soar, "non se equivoca o cabrón".
  • Sacas un pé da cama e acercaste a ducha, o pasar por o espello observas unha figura que se parece a tí pero non estas seguro se eres ou non.
  • Xa duchado ven o seguinte paso, o almorzo, buscas un tazón para quentar o leite e intentas introducilo no microndas sen tirar nada fora. Complicado a esas horas da madrugada
  • Arrancas po traballo, chegas sen saber ni como ni por donde nin en que.
  • Dis "Buenas" por decir algo, sentantes diante do ordenador e a eso das 11:00 empezas a sentirte persoa.
MADRUGAR O FIN DE SEMANA PARA SAIR NA BICI
  • Son as 6:00 da maña e xa tes un ollo aberto mirando a hora, non vaia ser que o despertador se quede dormido.
  • As 7:00 en punto tes a man encima do despertador para que non soe e desperte a parenta. (Evitas unha bronca das grandes).
  • Vas almorzas, zampas como se o mundo se acabara, incluso buscas a Nocilla para untala co Pan Bimbo no leite, que non se verteu nin unha gota no microondas e eso que lle puxeches ladrales.
  • As 8:00 estas na bici, listo e toleando.
CONCLUSIÓNS.
  1. Non entrar a traballar hasta as 11:00, total o resto das horas son perdidas.
  2. O fin de semana mellor dormir en camas separadas para evitar problemas ca parienta. Xuntanse as camas soamente para facer uso do matrimonio.
  3. O leite e máis estable o fin de semana, por a semana tende a tirarse fora da taza.

1 comentario:

roberxinzo dijo...

Si señor como se discurre de 11 en adiante